Entradas

Andaina para defender os osos polares

Imagen
Na aula de San Paio no segundo trimestre traballaron un proxecto sobre os osos polares. Abordáronos dende diferentes puntos de vista e áreas.  Investigaron a cerca deles, onde vivían, que comen, canto pesan ao nacer, o que miden(representando un debuxo a tamaño real dos mesmo). Como punto final do mesmo decidimos facer unha saída por San Paio para concienciar á xente sobre a importancia de coidar o medio ambiente e os efectos negativos que poden ter as conductas inadecuadas e imprudentes do ser humano. Para elo, os días previos elaboramos folletos informativos que lle fomos entregando á xente que atopamos polo camiño. Tamén levamos bolsas para recoller o lixo, facendo unha clasificación do mesmo. Gustounos moito que a xente da rúa nos escoitara, esperamos que sigan os nosos consellos.

Visita ao Castelo de Ribadavia

Imagen
 Como xa mencionamos con anterioridade, tratamos de aproveitar ao máximo os recursos culturais e naturais que nos ofrece a nosa contorna próxima. Así que en Xuño, aproveitando o bo tempo, fixemos unha visita ao Castelo de Ribadavia. días antes preparamos os nosos escudos e espadas para sumerxirnos no mundo dos cabaleiros. O guía turístico do Concello fíxonos unha visita guiada no que aprendemos moitas cousas. Para recargar forzas, no mesmo castelo fixemos unha merenda mediaval: bocatas de chourizo, atún,... Logo levamos a cabo unha seri de xogos mediavais. Foi unha forza diferente de pasar a mañán!!!

Festival fin de curso

Imagen
 Como broche final a este dificil curso, quixemo agasallas a todos os nenos/as e ás súas familias cun festival para pechar o curso. Foi un día moi esperado e especial despois de todo o tempo de limitación e prohibicións de espectáculos públicos. Pero conseguímolo!! Podemos presumir de que no Cra temos uns grandes artistas. Realizaron unha obra de teatro, coreografías, interpretaron diferentes pezas rítmicas,...o mellor foi que o podemos facer as 3 escolas xuntas, eso sí, sempre tendo en conta as medidas de seguridade https://www.facebook.com/raquel.rodriguezgiralt/videos/6429238703768833/

Saída ás Illas Cíes

Imagen
  O 27 de Maio realizamos unha saída ás Illas Cíes. Despois de moito tempo poidemos ir de excursión. Para moitos era a primeira vez que ían en barco, que vían o mar. Iamos un pouco asustados á par que emocionado. Saliu todo á perfección e sobre todo os nenos/as disfrutaron como había tempo que non o facían. Foi unha viaxe longa, primeiro en autobús e logo en barco. Á volta moitos/as caeron rendidos e durmiron durante o camiño de volta de todo o que troulearan. Vixemos diferentes andainas cada unha adaptada ás idades dos nenos/as. A continuación fomos para a praia onde nos demos un baño, foi o mellor da excursión, así o mostraban as súas caras de felicidade. Despois comemos e realizamos difetentes xogos na area ata que chegou a hora de regresar.

Camiño Miñoto

 Nos últimos tempos estase intentando recuperar o Camiño Miñoto, no que un tramo do mesmo pasa por Ribadavia. Por eso no terceiro trimestre decidimos facer en todas as aulas un proxecto multidisciplinar sobre o Camino. Traballamos a competencia matemática facendo xogos de conteo e discriminación de cores, formas con cunhad, investigando sobre diferentes distancias, medindo diferentes obxectos con instrumentos variados,... Tamén traballamos contidos das linguas como coñecemento de palabras novas relacionadas co camiño (botafumeiro, peregrino,...). Na área de Educación Artística, más concretamente en plástica fixemos cada un un libro de obras de arte no Camiño. Tamén implicamos ás familias,así entre todos elaboramos un conto no que a súa protagonista vivía no Castelo de Rivadavia. Como punto final do mesmo fixemos unha saída para facer un tramo do Camiño. Días antes preparámonos para elo facendo pequenas saídas pola nosa nosa contorna e compoñendo unha canción sobre o Camino e ata elabor

Xogos populares

Imagen
 Coincidindo coa celebración o 17 de Maio do Día das Letras Galegas, durante este mes levamos a cabo unha Unidade Didáctica de Xogos Populares. Primeiramente pedimos colaboración ás familias. Así a cada neno/a entrégaselle unha ficha que deben completar cun xogo ao que os seus pais/nais, avós/avoas,... xogaban cando eran pequenos. Con todas esas fichas recompiladas, elaboramos un ficheiro que quedará en cada aula. Trataremos de levar á practica a maior parte deles, que cada neno/a explicará ao resto dos seus compañeiros/as. Con esta Unidade Didáctica ademais de contidos propios da área de Educación Física, tamén traballamos de forma interdisciplinar. Coa posta en práctica deste xogos estamos traballando o coñecemento de parte do noso patrimonio social, natural e cultural, relacionado directamente coas áreas de Ciencias Sociais e Naturais. Moitos dos xogos recompilados son xogos con música, xogos cantados ou incluso bailes, o que supón o traballo de contidos propios da área de Educación

Actividade Física no medio natural

Imagen
Dado que somo un cole rural, e as instalacións deportivas das que dispoñemos escasean, tratamos de aproveitar ao máximo a nosa contorna. E somos moi afortunados, xa que nas 3 escolas dispoñemos moi preto de espacios naturais ao aire libre para levar a cabo diferentes actividades físicas como camiñatas, carreiras de orientación,..ou simplemente moverse polo medio das árbores. E que ben o pasamos. Ao mesmo tempo que realizamos actividade física tamén coñecemos o nome de prantas, árbores, animais que nos podiamos atopar así como aprendiamos a respectar o medio ambiente e a coidalo. Moitos luns ao chegar ao cole atopábamos restos le lixo da fin de semana. Como non nos gustaba velo así, recollíamolo e puxemos queixas no concello e nos xornais.