O 27 de Maio realizamos unha saída ás Illas Cíes. Despois de moito tempo poidemos ir de excursión. Para moitos era a primeira vez que ían en barco, que vían o mar. Iamos un pouco asustados á par que emocionado. Saliu todo á perfección e sobre todo os nenos/as disfrutaron como había tempo que non o facían.
Foi unha viaxe longa, primeiro en autobús e logo en barco. Á volta moitos/as caeron rendidos e durmiron durante o camiño de volta de todo o que troulearan.
Vixemos diferentes andainas cada unha adaptada ás idades dos nenos/as. A continuación fomos para a praia onde nos demos un baño, foi o mellor da excursión, así o mostraban as súas caras de felicidade. Despois comemos e realizamos difetentes xogos na area ata que chegou a hora de regresar.
Comentarios
Publicar un comentario