Actividade Física no medio natural
Dado que somo un cole rural, e as instalacións deportivas das que dispoñemos escasean, tratamos de aproveitar ao máximo a nosa contorna. E somos moi afortunados, xa que nas 3 escolas dispoñemos moi preto de espacios naturais ao aire libre para levar a cabo diferentes actividades físicas como camiñatas, carreiras de orientación,..ou simplemente moverse polo medio das árbores. E que ben o pasamos.
Ao mesmo tempo que realizamos actividade física tamén coñecemos o nome de prantas, árbores, animais que nos podiamos atopar así como aprendiamos a respectar o medio ambiente e a coidalo. Moitos luns ao chegar ao cole atopábamos restos le lixo da fin de semana. Como non nos gustaba velo así, recollíamolo e puxemos queixas no concello e nos xornais.
Comentarios
Publicar un comentario