Andaina para defender os osos polares








Na aula de San Paio no segundo trimestre traballaron un proxecto sobre os osos polares. Abordáronos dende diferentes puntos de vista e áreas. 
Investigaron a cerca deles, onde vivían, que comen, canto pesan ao nacer, o que miden(representando un debuxo a tamaño real dos mesmo).
Como punto final do mesmo decidimos facer unha saída por San Paio para concienciar á xente sobre a importancia de coidar o medio ambiente e os efectos negativos que poden ter as conductas inadecuadas e imprudentes do ser humano.
Para elo, os días previos elaboramos folletos informativos que lle fomos entregando á xente que atopamos polo camiño.
Tamén levamos bolsas para recoller o lixo, facendo unha clasificación do mesmo.
Gustounos moito que a xente da rúa nos escoitara, esperamos que sigan os nosos consellos.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade Física no medio natural

Magosto

Educación Vial