Camiño Miñoto

 Nos últimos tempos estase intentando recuperar o Camiño Miñoto, no que un tramo do mesmo pasa por Ribadavia. Por eso no terceiro trimestre decidimos facer en todas as aulas un proxecto multidisciplinar sobre o Camino.

Traballamos a competencia matemática facendo xogos de conteo e discriminación de cores, formas con cunhad, investigando sobre diferentes distancias, medindo diferentes obxectos con instrumentos variados,...

Tamén traballamos contidos das linguas como coñecemento de palabras novas relacionadas co camiño (botafumeiro, peregrino,...).

Na área de Educación Artística, más concretamente en plástica fixemos cada un un libro de obras de arte no Camiño. Tamén implicamos ás familias,así entre todos elaboramos un conto no que a súa protagonista vivía no Castelo de Rivadavia.

Como punto final do mesmo fixemos unha saída para facer un tramo do Camiño. Días antes preparámonos para elo facendo pequenas saídas pola nosa nosa contorna e compoñendo unha canción sobre o Camino e ata elaborando unha capa de peregrino e pintar unha cuncha co símbolo do Camiño Miñoto.

O día sinalado saímos todos/as da praza do pobo. Cada un de nós levaba a súa credencial que fomos selando en diferentes puntos do Camino.

Mentras íamos recorrendo o tramo elexido, cantábamos a nosa canción, visitamos diferentes puntos do noso Pobo de interés histórico como o castelo, a porta falsa,barrio xudeu,...

Tamém levamos lupas para investigar diferentes bichiños, Herbas que nos atopabamos ao noso paso.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Actividade Física no medio natural

Magosto

Educación Vial