Xogos populares
Coincidindo coa celebración o 17 de Maio do Día das Letras Galegas, durante este mes levamos a cabo unha Unidade Didáctica de Xogos Populares.
Primeiramente pedimos colaboración ás familias. Así a cada neno/a entrégaselle unha ficha que deben completar cun xogo ao que os seus pais/nais, avós/avoas,... xogaban cando eran pequenos. Con todas esas fichas recompiladas, elaboramos un ficheiro que quedará en cada aula. Trataremos de levar á practica a maior parte deles, que cada neno/a explicará ao resto dos seus compañeiros/as.
Con esta Unidade Didáctica ademais de contidos propios da área de Educación Física, tamén traballamos de forma interdisciplinar. Coa posta en práctica deste xogos estamos traballando o coñecemento de parte do noso patrimonio social, natural e cultural, relacionado directamente coas áreas de Ciencias Sociais e Naturais.
Moitos dos xogos recompilados son xogos con música, xogos cantados ou incluso bailes, o que supón o traballo de contidos propios da área de Educación Musical.
Comentarios
Publicar un comentario