Entradas

Magosto

Imagen
 O Magosto é de longa tradición no noso cole. Os anos anteriores as 3 escolas xuntabamonos para celebralo xuntos, este ano debido á situación que estamos a vivir non foi posible pero non por eso  deixamos de celebralo.  O traballo comezou días antes coa preparación de diferente material para empregar ese día: elaboración de bolos, tres en raia, tirachinas,... Este traballo realizouse dende todas as escolas coa colaboración tamén dos especialistas, traballando así contidos de diferentes áreas, contidos transversais. Ata compuxemos e cantamos un canción sobre o magosto nas nosas escolar.

Psicomotricidade na aula

Imagen
Nas nosas 3 escolas non dispoñemos de unhas instalacións deportivas cubertas para os días que chove, así que nos temos que quedar na aula onde facemos diferentes actividades como circuitos motrices con material das aulas(mesas, cadeiras,...) outras levamos á práctica diferentes coreografías en colaboración coa área de Educación Musical. Deste xeito traballamos contidos propios das dúas áreas atendendo ao D105/2014 que establece o currículo de Educación Primaria para Galicia. Seguindo co traballo multidisciplinar e interdisciplinar, un dos nosos puntos de partida,  tamén traballamos o esquema corporal, contido fundamental nesta idades nas que se está a formar o seu coñecemento e consalidación do mesmo. Para elo formulamos diferentes fichas, traballando contidos tamén da área de Ciencias Naturais.

Educación Vial

Imagen
Ao principio deste curso no Cra falouse da idea de poder implantar o programa "Camiña/en bici á escola". Dado a situación actual que estamos vivindo decidiuse aprazalo e volver a estudialo para o vindeiro curso. Como punto de partida decidimos levar á práctica un circuito de Educación Vial para que o alumnado se familiarizase coas sinais e facer unha valoración. Ese día os nenos/as das 3 escolas reunímonos en Francelos para levalo a cabo. Tamén disfrutamos dun concerto en directo co profe de música e o seu grupo. Non paramos de mover o esqueleto.

Unidade Didáctica Material de Refugallo

Imagen
 Nos meses de marzo e abril, nas clases de Psicomotricidade e Educación Física, estamos levando a cabo unha Unidade Didáctica con material de refugallo. O obxectivo fundamental é mellorar a Competencia Motriz dos/as nenos/as mediante o emprego de diverso material: botes de deterxente, follas de xornais,pratos, vasos,... Deste xeito estamos traballando de forma interdisciplinar a Educación Ambiental, transmitíndolle aos nenos/as valores como o respecto polo medioambiente. Que se percaten que para mellorar, para divertirse non é preciso dispoñer de material manufacturado pagado a precio de ouro.
Imagen
 Un ano máis o Cra Amencer participa no Plan Proxecta. O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega. Hai ata 41 programas, decidimos participar no PDC: Proxect...
Imagen
O 15 de Marzo celébrase o Día Mundial do Consumidor. Facendo coincidir con esta efeméride, no mes de Marzo estamos a levar a cabo na área de Educación Física e Psicomotricidade, unha Unidade Didáctica con material de refugallo: xornais, bolsas, botes, vasos, pratos,...O obxetivo desta Unidade Didáctica é principalmente que os nen@s se divirtan ao mesmo tempo que xogan, aprenden e desenvolven a competencia motriz. Pero tamén tratamos facerlles ver aos nen@s que para divertirse non é preciso dispor de materiais manufacturados e pagados a precio de ouro, algo habitual na sociedade consumista na que estamos inmersos. Ademáis o feito de construír eles mesm@s o material a empregar, dalle un aporte motivacional extra. Construímos indiacas, receptáculos con botes,...