Educación Vial






Ao principio deste curso no Cra falouse da idea de poder implantar o programa "Camiña/en bici á escola". Dado a situación actual que estamos vivindo decidiuse aprazalo e volver a estudialo para o vindeiro curso. Como punto de partida decidimos levar á práctica un circuito de Educación Vial para que o alumnado se familiarizase coas sinais e facer unha valoración.
Ese día os nenos/as das 3 escolas reunímonos en Francelos para levalo a cabo. Tamén disfrutamos dun concerto en directo co profe de música e o seu grupo. Non paramos de mover o esqueleto.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Unidade Didáctica Material de Refugallo

Andaina para defender os osos polares

Festival fin de curso