Psicomotricidade na aula


Nas nosas 3 escolas non dispoñemos de unhas instalacións deportivas cubertas para os días que chove, así que nos temos que quedar na aula onde facemos diferentes actividades como circuitos motrices con material das aulas(mesas, cadeiras,...) outras levamos á práctica diferentes coreografías en colaboración coa área de Educación Musical. Deste xeito traballamos contidos propios das dúas áreas atendendo ao D105/2014 que establece o currículo de Educación Primaria para Galicia.
Seguindo co traballo multidisciplinar e interdisciplinar, un dos nosos puntos de partida,  tamén traballamos o esquema corporal, contido fundamental nesta idades nas que se está a formar o seu coñecemento e consalidación do mesmo. Para elo formulamos diferentes fichas, traballando contidos tamén da área de Ciencias Naturais.




Comentarios

Entradas populares de este blog

Unidade Didáctica Material de Refugallo

Andaina para defender os osos polares

Festival fin de curso