O 15 de Marzo celébrase o Día Mundial do Consumidor. Facendo coincidir con esta efeméride, no mes de Marzo estamos a levar a cabo na área de Educación Física e Psicomotricidade, unha Unidade Didáctica con material de refugallo: xornais, bolsas, botes, vasos, pratos,...O obxetivo desta Unidade Didáctica é principalmente que os nen@s se divirtan ao mesmo tempo que xogan, aprenden e desenvolven a competencia motriz. Pero tamén tratamos facerlles ver aos nen@s que para divertirse non é preciso dispor de materiais manufacturados e pagados a precio de ouro, algo habitual na sociedade consumista na que estamos inmersos. Ademáis o feito de construír eles mesm@s o material a empregar, dalle un aporte motivacional extra. Construímos indiacas, receptáculos con botes,...
Camiño Miñoto
Nos últimos tempos estase intentando recuperar o Camiño Miñoto, no que un tramo do mesmo pasa por Ribadavia. Por eso no terceiro trimestre decidimos facer en todas as aulas un proxecto multidisciplinar sobre o Camino. Traballamos a competencia matemática facendo xogos de conteo e discriminación de cores, formas con cunhad, investigando sobre diferentes distancias, medindo diferentes obxectos con instrumentos variados,... Tamén traballamos contidos das linguas como coñecemento de palabras novas relacionadas co camiño (botafumeiro, peregrino,...). Na área de Educación Artística, más concretamente en plástica fixemos cada un un libro de obras de arte no Camiño. Tamén implicamos ás familias,así entre todos elaboramos un conto no que a súa protagonista vivía no Castelo de Rivadavia. Como punto final do mesmo fixemos unha saída para facer un tramo do Camiño. Días antes preparámonos para elo facendo pequenas saídas pola nosa nosa contorna e compoñendo unha canción sobre o Camino e ata el...







Comentarios
Publicar un comentario