Un ano máis o Cra Amencer participa no Plan Proxecta. O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa e favorecer a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, un dos principais obxectivos deste plan é promover a realización de proxectos interdisciplinarios que poidan servir de modelo de traballo ou de boa práctica, tanto para o propio centro en que se orixinan como para o resto da comunidade educativa galega. Hai ata 41 programas, decidimos participar no PDC: Proxectos d
Entradas
Mostrando entradas de marzo, 2021
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O 15 de Marzo celébrase o Día Mundial do Consumidor. Facendo coincidir con esta efeméride, no mes de Marzo estamos a levar a cabo na área de Educación Física e Psicomotricidade, unha Unidade Didáctica con material de refugallo: xornais, bolsas, botes, vasos, pratos,...O obxetivo desta Unidade Didáctica é principalmente que os nen@s se divirtan ao mesmo tempo que xogan, aprenden e desenvolven a competencia motriz. Pero tamén tratamos facerlles ver aos nen@s que para divertirse non é preciso dispor de materiais manufacturados e pagados a precio de ouro, algo habitual na sociedade consumista na que estamos inmersos. Ademáis o feito de construír eles mesm@s o material a empregar, dalle un aporte motivacional extra. Construímos indiacas, receptáculos con botes,...